Acceso ao Archivo Digital Valle-Inclán

Inicio>Acceso ao Archivo Digital Valle-Inclán

ACCESO AO ARCHIVO DIGITAL VALLE-INCLÁN/USC

A consulta do archivo digital valle-inclán é gratuíta e pode facerse dende dous perfís de usuario:

  1. O usuario non rexistrado pode acceder á información da base de datos contida nas seccións do menú principal e realizar consultas, pero carece de permisos para acceder aos materiais dixitalizados.
  2. O usuario rexistrado pode, ademais, consultar en liña estes materiais e descargalos en formato PDF, así como acceder ao buscador avanzado da aplicación que permite realizar buscas textuais cruzadas con procuras por datos estruturados e exportar en CSV os resultados das mesmas.

Colaboracións externas

Pode aportar documentación ao Archivo Digital Valle-Inclán?