Aviso legal

Inicio>Aviso legal

AVISO LEGAL

FINALIDADE, TITULARIDADE E ACCESO

A finalidade do Archivo Digital Valle-Inclán é proporcionar nun único sitio web:

  1. Ao público en xeral, a obra completa de Valle-Inclán (1888-1936), unha vez prescritos os dereitos de autor, así como información documental e gráfica relacionada coa vida e obra do escritor galego.
  2. Á comunidade académica, en particular, unha ferramenta de investigación, grazas, entre outras posibilidades, a un Buscador Avanzado, que permite combinar nunha consulta busca textual —no fondo bibliográfico e documental do archivo digital—, con busca por datos estruturados.

O Archivo Digital Valle-Inclán contén unha base de datos de titularidade da Universidade de Santiago de Compostela, Grupo de Investigación Valle-Inclán (GI 1374) protexida polos dereitos de propiedade intelectual (artículo 12 de la Lei de Propiedade Intelectual).

O usuario deste sitio web protexido poderá efectuar os actos que sexan necesarios para o acceso ao contido da base de datos e a súa normal utilización. Non obstante, non poderá efectuar os seguintes actos:

  1. Os que sexan contrarios a unha explotación normal de dita base ou lesionen inxustificadamente os intereses lexítimos do titular dos dereitos. A estes efectos queda prohibido calquera tipo de descarga masiva ou automatizada de contidos.
  2. Os que prexudiquen ao titular dun dereito de autor ou dun calquera dos dereitos recoñecidos nos Títulos I a IV do Libro II da Lei de Propiedade Intelectual que afecten a obras ou prestacións contidas en dita base.

Non se precisará a autorización do titular:

  1. Cando se realice unha produción con fins privados.
  2. Cando a utilización se realice con fins de ilustración da ensinanza ou de investigación científica sempre que se leve a efecto na medida xustificada polo obxectivo non comercial que se persiga e indicando en calquera caso a súa fonte. O usuario debe citar sempre o Archivo Digital Valle-Inclán como fonte dos materiais consultados e da información obtida nas ferramentas de busca, incluíndo a URL archivodigitalvalleinclan.usc.es. Véxase como citar.
  3. Cando se trate dunha utilización para fins de seguridade pública ou a efectos dun procedemento administrativo ou xudicial.

O acceso e uso do sitio web implica que o usuario acepta na súa totalidade e se obriga a cumprir por completo os termos e condicións detallados no presente aviso legal.

O acceso ao sitio web é gratuíto. O usuario comprométese a facer un uso adecuado, conforme á lei, dos contidos e servizos do Archivo Digital Valle-Inclán.

O acceso a determinados servizos (vista en liña ou descarga de documentos e Buscador Avanzado) está supeditado ao rexistro de usuario, quen debe proporcionar datos lícitos e veraces durante o proceso de rexistro, así como facer un uso persoal, intransferible e confidencial da clave de acceso.

O Archivo Digital Valle-Inclán resérvase o dereito a denegar o acceso ao sitio web ao usuario que incumpra as advertencias legais e condicións de uso que aquí se especifican, así como a emprender as accións legais oportunas en defensa dos seus dereitos.

OUTROS DEREITOS

A titularidade dos dereitos de propiedade intelectual referentes aos contidos do sitio web, o software subxacente (incluído o código fonte), o deseño gráfico, así como os distintos elementos que integran o sitio web (signos distintivos, contidos e imaxes), é da USC, quedando prohibida a súa reprodución parcial ou total sen consentimento do seu lexítimo titular.

PROTECCIÓN DE DATOS

O acceso a determinados servizos require identificación previa. Os datos de carácter persoal recollidos a estes efectos serán tratados de conformidade co establecido na Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal e no Regulamento Europeo de Protección de Datos.

De conformidade co Regulamento UE 2016/679, os datos recadados serán tratados pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) coa finalidade de dar acceso aos servizos deste archivo digital.

Estes datos serán incorporados e tratados no ficheiro “usuarios de servizos da USC” cuxa finalidade é a de xestión de persoas físicas ás que a Universidade de Santiago de Compostela lles oferte e preste servizos non académicos.

O órgano responsable do ficheiro é a Vicerreitoría de Comunicación, Cultura e Servizos, cuxos datos de contacto son: Colexio de San Xerome, Praza do Obradoiro, s/n, 15782, Santiago de Compostela.

O Delegado de Protección de Datos é José Julio Fernández Rodríguez, dpd@usc.es.

A base de xustificación deste tratamento é o consentimento expresado polas persoas interesadas mediante a aceptación expresa e inequívoca deste aviso legal e a súa política de protección de datos.

Non se prevén cesións nin transferencias de datos.

As persoas interesadas poden exercer ante o responsable os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento, oposición e portabilidade, a través da Sede Electrónica da USC: https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/55/ver.htm

Tamén poden dirixirse á Agencia Española de Protección de Datos para realizar a reclamación que consideren oportuna.

Sen a aceptación desta política de datos os servizos que precisan identificación ou autenticación previa non serán accesibles.

Os datos serán conservados durante o período no que se realice a finalidade para a que foron recollidos, ou o tempo necesario para cumprir coas obrigacións legais.

Cumprida a finalidade, os datos bloquearanse ata que transcorran os prazos de prescrición aplicables, agás que sexan necesarios para a prestación do servizo público da educación superior.

A política de privacidade e protección de datos da USC pódese consultar na seguinte ligazón: http://www.usc.es/es/normativa/protecciondatos/index.html

EXCLUSIÓN DE RESPONSABILIDADE

Tanto o acceso a este sitio web como o uso que poida facerse da información contida no mesmo é responsabilidade exclusiva do usuario.

O titular non responderá de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo, que puidese producirse no equipo do usuario como consecuencia directa ou indirecta do acceso a este sitio web.

Así mesmo, a USC queda eximida de calquera responsabilidade derivada do mal funcionamento do sitio web que teña a súa orixe nunha circunstancia accidental, forza maior, traballos necesarios de mantemento ou calquera outra causa, así como de eventuais erros e inexactitudes que puidese conter o sitio web.

O Archivo Digital Valle-Inclán inclúe ligazóns de terceiros co obxectivo de facilitar maior información ao usuario e ampliar os recursos á súa disposición, sobre os que non ten control algún, polo que declina toda responsabilidade sobre o estado da conexión de acceso, o seu contido e condicións de uso. En caso de acceder a estas ligazóns, o usuario farao baixo a súa exclusiva responsabilidade e nas condicións e termos aos que os mesmos estean suxeitos.

Colaboracións externas

Pode aportar documentación ao Archivo Digital Valle-Inclán?