Opcións de consulta

Inicio>Opcións de consulta

OPCIÓNS DE CONSULTA

O archivo digital valle-inclán ofrece dúas opcións de consulta:

1. Navegación e/ou busca en cada unha das seis seccións do menú principal: obras, documentación, traducións propias, iconografía, ilustracións ou Axentes e Organismos, que, á súa vez, ofrecen filtros de busca específicos segundo a natureza da información.

Obras

Esta sección contén a creación literaria do escritor e a súa tradución a outras linguas. Este material clasificouse atendendo ao soporte, formato e contido das publicacións nos seguintes tipos:

  • Edicións
    • En libro
    • Xornalísticas (publicadas en prensa por entregas)
    • Populares (publicadas en coleccións populares)
  • Textos/Fragmentos
    • Ficcionais (de obras do escritor publicadas en prensa, nunha única ou varias entregas, ou en libros alleos, isto é, antoloxías ou colectáneas)
    • Non ficcionais (artigos e prólogos do escritor publicados en prensa ou en libros alleos)

Os filtros desta sección permiten buscar tamén por título, xénero, lugar e data de publicación. A busca por título devolverá as obras e textos/fragmentos que conteñan no título o criterio de busca introducido.

Documentación

Esta entidade proporciona información de carácter documental relevante para o estudo da vida e obra do escritor: entrevistas, cartas, conferencias e discursos. Tipificouse do modo seguinte:

  • Entrevistas
  • Epistolario
    • Privado
      • Carta
      • Carta institucional
      • Recibo
      • Telegrama
    • Público
      • Carta
      • Manifesto
      • Telegrama
  • Oratoria
    • Conferencia
    • Discurso

Outros filtros desta sección permiten buscar por título, data e lugar. A busca por título devolverá os documentos que conteñan no seu título o criterio de busca introducido. No caso de seleccionar un tipo en concreto poderase filtrar por campos específicos: lugar de escritura dunha carta, a sede e data dun evento no que Valle-Inclán ditou unha conferencia ou discurso, ou o axente participante: entrevistador, destinatario ou xornalista.

Traducións propias

Esta sección recolle as traducións realizadas por Valle-Inclán anteriores a 1936, entre outras, El crimen del padre Amaro, La reliquia e El primo Basilio, de Eça de Queiroz. Non precisa filtros de busca debido ao reducido número de obras.

Axentes e Organismos

Esta entidade contén os datos de personaxes e organismos cos que Valle-Inclán se relacionou directa ou indirectamente durante o exercicio da súa actividade literaria, social, política ou cultural. Esta información clasificouse atendendo ao rol desempeñado polo axente e á función do organismo en:

  • Axentes
    • Autor
    • Caricaturista
    • Caricaturizado
    • Dedicatario
    • Editor
    • Entrevistador
    • Asinante de carta pública
    • Fotógrafo
    • Fotografiado
    • Ilustrador
    • Xornalista
    • Prologuista
    • Retratado
    • Retratista
    • Tradutor
  • Organismos
    • Editorial
    • Imprenta
    • Xornal/Revista
    • Institución
    • Outros

Outros filtros da sección permiten buscar directamente polo nome do axente ou organismo, así como por data e lugar dependendo do tipo seleccionado.

Iconografía

Esta sección recompila a imaxe gráfica do escritor clasificada en tres tipos:

  • Caricaturas
  • Fotografías
  • Retratos

Outros filtros desta sección permiten realizar buscas por data e axentes relacionados con iconografía que poden desempeñar unha acción activa ou pasiva. O axente activo é o artista, é dicir, caricaturista, fotógrafo ou retratista, mentres que o axente pasivo é quen figura caricaturizado, fotografiado ou retratado xunto a Valle-Inclán. A selección por un tipo de imaxe concreta permite buscar automaticamente polo axente activo e/ou pasivo específico: caricaturista/caricaturizado, fotógrafo/fotografiado, ou retratista/retratado.

Ilustracións

Esta entidade contén o material gráfico que ilustrou a obra do escritor publicada tanto en libraría como en coleccións populares e prensa periódica. Tipificouse do modo seguinte:

  • Ilustracións
  • Motivos ornamentais
    • Capitular
    • Colofón
    • Frontispicio
    • Orla
    • Outros

Outros filtros da entidade, ademais, permiten realizar busca por data, por axente específico, neste caso, ilustrador, e por título de obra, filtro que posibilita localizar as ilustracións e/ou motivos ornamentais dunha obra en concreto de Valle-Inclán.

2. A través do buscador avanzado que permite cruzar buscas por contido (textual) con buscas por datos estruturados. É dicir, permite explotar a información textual dos documentos —mediante TXTs realizados polo GIVIUS— e filtrar, á súa vez, por tipos de publicación, axentes e organismos participantes, e, incluso, imaxes incluídas nesas publicacións.Os resultados das buscas poden exportarse de forma parcial ou completa nun documento CSV.

Buscador Avanzado

A busca avanzada do archivo digital valle-inclán devolve sempre como resultado publicacións que poden aparecer organizadas por tipo, axente ou organismo dependendo do filtro seleccionado en buscar publicacións por. A busca por axente ou organismo incorpora, ademais, a posibilidade de filtrar por rol ou función, respectivamente.

Imagen_opciones_1

Unha vez seleccionado o modo de organización dos resultados recuperados, o buscador avanzado ofrece a posibilidade de realizar buscas textuais no filtro co/cos termo/s que admite tanto introdución de comodíns (*/?) como cadeas de texto literais (“…”). O resultado da busca por contido permite visualizar o texto buscado marcado en grosa e contextualizado, con indicación do número de páxina do documento no que se atopa.

Esta busca textual pode combinarse ademais con outros criterios de consulta: data e lugar de publicación, tipo de publicación, axentes e organismos participantes, e imaxes que inclúen estas publicacións. Todos estes filtros, agás o de data, ofrecen posibilidades de busca non dispoñibles na navegación simple. Vexamos as súas funcionalidades.

O filtro por data, publicadas entre, permite buscar por un arco de datas determinado. Se soamente se precisa buscar por un ano en concreto, marcarase en ano inicial e final o mesmo número. O filtro por lugar de publicación, publicadas en, permite agregar distintos lugares nunha soa busca. Por exemplo, para buscar as obras de Valle-Inclán publicadas en Arxentina, débese introducir o termo «Arxentina» no campo de busca e seleccionar as distintas cidades que aparecen no autocompletable ao tempo que se marcarán en os resultados serán os filtros edicións e publicacións de textos/fragmentos.

Nos resultados serán ofrécese a posibilidade de filtrar polos tipos de documento nos que se quere realizar a busca: edicións, publicacións de textos/fragmentos, epistolario, entrevistas, oratoria e traducións propias. Estes, ofrecen, á súa vez, outros criterios de busca específicos pero combinables entre si. Por exemplo: en edicións o usuario ten a oportunidade de filtrar, ademais de por tipo e xénero (dispoñibles tamén na consulta do menú principal), por obra —permite buscar as edicións dunha obra en concreto—; por colección —permite filtrar por unha colección en concreto das edicións publicadas en coleccións populares—; por Opera Omnia —posibilita a busca de edicións publicadas na colección de obras completas do autor—; e por só traducións alleas —permite recuperar as edicións das obras traducidas do escritor e, incluso, filtrar por idioma.

Imagen_opciones_2

En publicacións de textos/fragmentos editados na prensa, ofrécese a posibilidade de realizar buscas non só por tipo e xénero senón tamén por obra —busca os textos/fragmentos asociados a unha obra en concreto—; edición —posibilita a busca de textos/fragmentos incluídos nunha edición determinada (vgr.: colección de contos ou poemas)—; só prólogos —permite buscar os prólogos do escritor—; só antoloxías —localiza os textos ou fragmentos de obras incluídas en antoloxías e colectáneas—; só artigos —recupera os artigos de prensa e, incluso filtra por serie para localizar os publicados nunha serie determinada—; e só traducións alleas —permite buscar textos/fragmentos traducidos das obras do escritor, publicados en prensa periódica ou libros alleos e, incluso, filtrar por un idioma concreto.

Imagen_opciones_3

En epistolario e oratoria ademais de filtrar por tipo, posibilita localizar cartas, conferencias ou discursos, publicados soamente en prensa, en libro alleo, ou ben, en ambos á vez.

En entrevistas o usuario pode filtrar polo soporte de publicación: en libro propio (edicións de Valle-Inclán), en prensa ou en libro alleo.

O filtro traducións propias permite buscar polas traducións, realizadas por Valle-Inclán, de obras alleas.

Imagen_opciones_4

A última parte do menú do buscador avanzado filtra polos axentes ou organismos que participan en calquera tipo de publicación. Ofrécese, ademais, a posibilidade de buscar por un axente ou rol concreto —no caso de axentes participantes— e por un organismo ou unha función determinada —no caso de organismos participantes. E incluso, admítese a busca por máis dun axente ou organismo mediante a opción engadir axente/organismo.

Por último, o filtro imaxes permite localizar calquera tipo de publicación que inclúa imaxes, e incluso, seleccionar un tipo en concreto: ilustracións, motivos ornamentais, caricaturas, fotografías ou retratos. Pero, ademais, o filtro nas que aparece busca polo nome do axente, cuxa imaxe aparece nunha publicación; é dicir, o axente caricaturizado, fotografiado ou retratado, que adoita ser Ramón del Valle-Inclán ou os seus familiares*.

Imagen_opciones_5

*Nota: Para coñecer o resto dos axentes que aparecen xunto a Valle-Inclán en imaxes —caricaturas, fotografías ou retratos— que non están incluídas en publicacións do escritor, é necesario buscar na sección do menú principal, Axentes e Organismos, e filtrar polos roles caricaturizado, fotografiado ou retratado.

Para consultar as referencias bibliográficas citadas do archivo digital valle-inclán preme  aquí.

Colaboracións externas

Pode aportar documentación ao Archivo Digital Valle-Inclán?