AVISO LEGAL
FINALIDADE, TITULARIDADE E ACCESO
A finalidade do Archivo Digital Valle-Inclán é proporcionar nun único sitio web:
- Ao público en xeral, a obra completa de Valle-Inclán (1888-1936), unha vez prescritos os dereitos de autor, así como información documental e gráfica relacionada coa vida e obra do escritor galego.
- Á comunidade académica, en particular, unha ferramenta de investigación, grazas, entre outras posibilidades, a un Buscador Avanzado, que permite combinar nunha consulta busca textual —no fondo bibliográfico e documental do archivo digital—, con busca por datos estruturados.
O Archivo Digital Valle-Inclán contén unha base de datos de titularidade da Universidade de Santiago de Compostela, Grupo de Investigación Valle-Inclán (GI 1374) protexida polos dereitos de propiedade intelectual (artículo 12 de la Lei de Propiedade Intelectual).
O usuario deste sitio web protexido poderá efectuar os actos que sexan necesarios para o acceso ao contido da base de datos e a súa normal utilización. Non obstante, non poderá efectuar os seguintes actos:
- Os que sexan contrarios a unha explotación normal de dita base ou lesionen inxustificadamente os intereses lexítimos do titular dos dereitos. A estes efectos queda prohibido calquera tipo de descarga masiva ou automatizada de contidos.
- Os que prexudiquen ao titular dun dereito de autor ou dun calquera dos dereitos recoñecidos nos Títulos I a IV do Libro II da Lei de Propiedade Intelectual que afecten a obras ou prestacións contidas en dita base.
Non se precisará a autorización do titular:
- Cando se realice unha produción con fins privados.
- Cando a utilización se realice con fins de ilustración da ensinanza ou de investigación científica sempre que se leve a efecto na medida xustificada polo obxectivo non comercial que se persiga e indicando en calquera caso a súa fonte. O usuario debe citar sempre o Archivo Digital Valle-Inclán como fonte dos materiais consultados e da información obtida nas ferramentas de busca, incluíndo a URL archivodigitalvalleinclan.usc.es. Véxase como citar.
- Cando se trate dunha utilización para fins de seguridade pública ou a efectos dun procedemento administrativo ou xudicial.
O acceso e uso do sitio web implica que o usuario acepta na súa totalidade e se obriga a cumprir por completo os termos e condicións detallados no presente aviso legal.
O acceso ao sitio web é gratuíto. O usuario comprométese a facer un uso adecuado, conforme á lei, dos contidos e servizos do Archivo Digital Valle-Inclán.
O acceso a determinados servizos (vista en liña ou descarga de documentos e Buscador Avanzado) está supeditado ao rexistro de usuario, quen debe proporcionar datos lícitos e veraces durante o proceso de rexistro, así como facer un uso persoal, intransferible e confidencial da clave de acceso.
O Archivo Digital Valle-Inclán resérvase o dereito a denegar o acceso ao sitio web ao usuario que incumpra as advertencias legais e condicións de uso que aquí se especifican, así como a emprender as accións legais oportunas en defensa dos seus dereitos.
OUTROS DEREITOS
A titularidade dos dereitos de propiedade intelectual referentes aos contidos do sitio web, o software subxacente (incluído o código fonte), o deseño gráfico, así como os distintos elementos que integran o sitio web (signos distintivos, contidos e imaxes), é da USC, quedando prohibida a súa reprodución parcial ou total sen consentimento do seu lexítimo titular.
PROTECCIÓN DE DATOS
O acceso a determinados servizos require identificación previa. Os datos de carácter persoal recollidos a estes efectos serán tratados de conformidade co establecido na Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal e no Regulamento Europeo de Protección de Datos.
De conformidade co Regulamento UE 2016/679, os datos recadados serán tratados pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) coa finalidade de dar acceso aos servizos deste archivo digital.
Estes datos serán incorporados e tratados no ficheiro “usuarios de servizos da USC” cuxa finalidade é a de xestión de persoas físicas ás que a Universidade de Santiago de Compostela lles oferte e preste servizos non académicos.
O órgano responsable do ficheiro é a Vicerreitoría de Comunicación, Cultura e Servizos, cuxos datos de contacto son: Colexio de San Xerome, Praza do Obradoiro, s/n, 15782, Santiago de Compostela.
O Delegado de Protección de Datos é José Julio Fernández Rodríguez, dpd@usc.es.
A base de xustificación deste tratamento é o consentimento expresado polas persoas interesadas mediante a aceptación expresa e inequívoca deste aviso legal e a súa política de protección de datos.
Non se prevén cesións nin transferencias de datos.
As persoas interesadas poden exercer ante o responsable os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento, oposición e portabilidade, a través da Sede Electrónica da USC: https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/55/ver.htm
Tamén poden dirixirse á Agencia Española de Protección de Datos para realizar a reclamación que consideren oportuna.
Sen a aceptación desta política de datos os servizos que precisan identificación ou autenticación previa non serán accesibles.
Os datos serán conservados durante o período no que se realice a finalidade para a que foron recollidos, ou o tempo necesario para cumprir coas obrigacións legais.
Cumprida a finalidade, os datos bloquearanse ata que transcorran os prazos de prescrición aplicables, agás que sexan necesarios para a prestación do servizo público da educación superior.
A política de privacidade e protección de datos da USC pódese consultar na seguinte ligazón: http://www.usc.es/es/normativa/protecciondatos/index.html
EXCLUSIÓN DE RESPONSABILIDADE
Tanto o acceso a este sitio web como o uso que poida facerse da información contida no mesmo é responsabilidade exclusiva do usuario.
O titular non responderá de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo, que puidese producirse no equipo do usuario como consecuencia directa ou indirecta do acceso a este sitio web.
Así mesmo, a USC queda eximida de calquera responsabilidade derivada do mal funcionamento do sitio web que teña a súa orixe nunha circunstancia accidental, forza maior, traballos necesarios de mantemento ou calquera outra causa, así como de eventuais erros e inexactitudes que puidese conter o sitio web.
O Archivo Digital Valle-Inclán inclúe ligazóns de terceiros co obxectivo de facilitar maior información ao usuario e ampliar os recursos á súa disposición, sobre os que non ten control algún, polo que declina toda responsabilidade sobre o estado da conexión de acceso, o seu contido e condicións de uso. En caso de acceder a estas ligazóns, o usuario farao baixo a súa exclusiva responsabilidade e nas condicións e termos aos que os mesmos estean suxeitos.