EQUIPO

O equipo interdisciplinar que levou a cabo o deseño e construción do archivo digital valle-inclán está constituído por dos subequipos, académico-investigador e científico-técnico, coordinados por Carmen E. Vílchez Ruiz, quen, ademais, realizou as labores de xestión do archivo digital:

  1. Académico-investigador, dirixido por Margarita Santos Zas e integrado por Carmen E. Vílchez Ruiz, Rosario Mascato Rey, Javier Serrano Alonso, Adriana Abalo Gómez e Francisca Martínez Rodríguez, todos membros do Grupo de Investigación Valle-Inclán da Universidade de Santiago de Compostela (GIVIUS). Este equipo contou, ademais, coa colaboración dos seguintes integrantes do GIVIUS na realización de TXTs: Sandra Domínguez Carreiro, Alba Alonso Morais, Xaquín Núñez Sabarís e Catalina Míguez Vilas.
  2. Científico-técnico, formado por Ángeles Saavedra Places do Laboratorio de Bases de Datos da Universidade da Coruña (UDC), y por Eduardo Rodríguez, Roberto Creo, Andrés Basoa e Vanessa López da empresa galega asociada á UDC, Enxenio S.L.

Finalmente, o deseño gráfico da web foi realizado por Artenova; e o logotipo do GIVIUS é de Signum Deseño. Tradución ao inglés a cargo de Karen Duncan.

ALOXAMENTO

O archivo digital valle-inclán está aloxado na infraestrutura Cloud de Sistemas da Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA) en virtude dun Convenio Específico de Colaboración sobrescrito entre a USC-Grupo de Investigación Valle-Inclán e o CESGA.

FINANCIAMENTO

Este archivo digital valle-inclán é unha realidade grazas ao financiamento de dous Proxectos de Investigación do MICINN / MINECO (un, de Excelencia: FFI2011-24130; e outro, de Retos / Fondos FEDER: FFI2015-70845-R) e ás axudas concedidas ao GIVIUS en dúas convocatorias consecutivas do programa Consolidación e Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas da Xunta de Galicia (GPC2014/039, ED431B 2017/058).

Colaboracións externas

Pode aportar documentación ao Archivo Digital Valle-Inclán?